SDC Flow
Imputación de horas e control de tempos por proxecto
O teu equipo rexistra a xornada e as horas de cada proxecto. Ti aprobas, consultas os informes e preparas as proformas desde o mesmo sitio.
Funcións
Que inclúe SDC Flow
Todas as funcións no plan de pagamento e un plan gratuíto para comezar.
Imputación de horas
Cada persoa rexistra as horas de cada proxecto e tarefa, por día ou por semana, ou co temporizador.
Xornada
Entradas, saídas e pausas da xornada laboral, separadas do tempo dedicado a cada proxecto.
Aprobacións
As persoas responsables revisan as semanas enviadas e apróbanas ou devólvenas cun comentario.
Informes
Horas por proxecto, cliente e persoa, con filtros por período e exportación dos datos.
Proformas
Proformas a partir das horas aprobadas, para revisalas antes de facturar ao cliente.
Directorio
Alta de persoas a man ou importadas desde Microsoft Entra ID ou un directorio LDAPS.
Para quen
Para equipos que traballan por proxectos
Empresas que facturan por horas
Consultoras, enxeñarías, despachos e axencias que precisan saber cantas horas leva cada proxecto e facturalas sen refacer cálculos.
Empresas que rexistran a xornada
Cada persoa ficha as súas entradas, saídas e pausas desde o navegador, e a empresa ten o rexistro diario de xornada nun só sitio.
Responsables de proxecto e de administración
Revisan as semanas do seu equipo, ven as desviacións por proxecto e preparan as proformas coas horas xa aprobadas.
Comparativa
Da folla de cálculo a SDC Flow
Moitas empresas comezan cunha folla de cálculo compartida. Funciona ata que hai varios proxectos, varias persoas e hai que facturar.
| Que precisas | Folla de cálculo | SDC Flow |
|---|---|---|
| Rexistrar as horas | Cada persoa enche a súa pestana e os formatos acaban sendo distintos. | Os mesmos proxectos e tarefas para todo o equipo, por día, por semana ou con temporizador. |
| Rexistro de xornada | Outra folla distinta, ou ningunha. | Entradas, saídas e pausas na mesma ferramenta, separadas das horas de proxecto. |
| Revisar e aprobar | Por correo e sen saber que versión é a boa. | Semanas enviadas, aprobadas ou devoltas cun comentario. |
| Saber canto leva cada proxecto | Fórmulas e táboas dinámicas que hai que manter. | Informes por proxecto, cliente e persoa, con exportación a Excel ou CSV. |
| Facturar ao cliente | Copiar as horas a outro documento. | Proformas a partir das horas aprobadas. |
| Altas e baixas de persoas | Permisos do ficheiro compartido. | Persoas co seu rol, a man ou importadas de Microsoft Entra ID ou LDAPS. |
Prezo
Plans de SDC Flow
Comeza co plan gratuíto e pasa ao de pagamento cando o teu equipo o necesite. Ningún ten permanencia.
Plan gratuíto
0 €Para sempre, sen tarxeta
Para comezar a traballar con SDC Flow sen custo.
Comezar gratis- Todas as funcións durante os 30 primeiros días
- 1 persoa
- 1 proxecto
- 1 cliente
- Imputacións de horas sen límite
- 1 factura ao mes de ata 1.500 €, IVE incluído
- Sen tarxeta na alta
Despois, aprobacións, informes, rexistro de xornada, directorio LDAP e Entra ID, exportacións e planificación seguen á vista, pero bloqueados ata pasar ao plan de pagamento.
Plan de pagamento
3 €por persoa e mes + IVE
Para equipos que necesitan todas as funcións, sen límites.
Contratar o plan de pagamento- Todas as funcións de SDC Flow
- De 1 a 500 persoas
- Proxectos, clientes, imputacións e facturas sen límite
- Sen permanencia: cóbrase desde o primeiro día
- Subir prazas cóbrase no momento, en proporción; baixalas, na renovación
Contratación
Como funciona
Alta en liña
Datos da empresa e a túa conta de administración. A tarxeta só se pide no plan de pagamento. Uns minutos.
Comeza gratis
Sen custo e sen tarxeta, cos límites do plan gratuíto e todas as funcións ao principio.
Pasa ao plan de pagamento cando queiras
Desde a túa conta. Cóbrase o primeiro mes nese momento e, despois, cada mes polas prazas contratadas.
Baixa cando queiras
Sen permanencia. Tes 30 días para exportar os datos ou desfacer a baixa.
Calcula o importe mensual do plan de pagamento
Entre 1 e 500.
| 10 × 3,00 € | 30,00 € |
|---|---|
| IVE 21 %Na UE, con NIF-IVE válido: inversión do suxeito pasivo | 6,30 € |
| Total ao mes | 36,30 € |
Preguntas
Preguntas frecuentes
- Que é SDC Flow?
- Unha aplicación web de SANTOSDOCASTRO para o control horario e a imputación de horas por proxecto: o teu equipo rexistra a xornada e as horas de cada proxecto, e ti apróbalas, consultas os informes e preparas as proformas.
- Que diferenza hai entre xornada e imputación de horas?
- A xornada son as entradas, saídas e pausas de cada día. A imputación é o reparto dese tempo entre proxectos e tarefas. SDC Flow leva as dúas por separado, así podes ver canto se traballou e en que.
- Hai que instalar algo?
- Non. SDC Flow funciona no navegador, no ordenador e no móbil. Dás de alta o teu equipo e cada persoa entra co seu correo.
- En que idiomas está?
- En español, galego, éuscaro, catalán, inglés e francés. Cada persoa escolle o seu.
Comeza gratis, sen tarxeta
Para empresas e profesionais de España e do resto da Unión Europea.